Estructura del Foro
Os encontros importantes con relatores internacionais da categoría de Gerd Leonhard terán lugar no Auditorio A do Palacio Municipal de Congresos en horario preferente
18 mesas temáticas compostas por un moderador e 3 relatores. Repasarán as liñas xerais e casos de toda a cadea da industria de contidos dixitais, desde a concepción e a creatividade à distribución, o retorno, os novos modelos de negocio ou as infraestruturas. Prestarase especial atención ao cinema, música, videoxogos e lecer dixital.
Obradoiros, onde empresas pioneiras expoñen as súas mellores prácticas e casos de éxito.
Networking Emprendedores, onde se convoca tanto emprendedores como potenciais financiadores e colaboradores do sector dos contidos. É un espazo de debate e de relación.
Zona de exposición permitirá aos patrocinadores poren en valor, fronte a clientes, fornecedores e partners potenciais, as súas distintas plataformas de negocio ao redor dos contidos dixitais.
Conferencia sobre dereitos de propiedade intelectual no ambiente dixital CPI. Celebrarase dentro do espazo de FICOD 08 os días 25 e 26 de Novembro no Palacio Municipal de Congresos de Madrid. Esta importante cita co mundo dos dereitos de propiedade intelectual terá a súa propia web e unha acreditación correspondente
Ficod 2008